22 jun 2011

Cando as barbas do teu veciño...

Co que está a pasar en Primaria logo han virnos a Secundaria con cousas polo estilo ou peores. Nesta altura ou pasamos o tempo facendo quinielas sobre canto tempo queda para que o ensino deixe definitivamente de ser público (hai tempo que comezou esta senda) e pase a ser privatizado, ou podemos mobilizarnos e dicirlle a todo o mundo o modelo de sociedade que nos agarda cuns centros de ensino gobernados ideoloxías reaccionarias e polos intereses económicos, onde non importará formar persoas libres con capacidade de decisión e de escolla senón individuos adoutrinados no pensamento único de cada "garito".
Aquí deixo un cadro comparativo do que pretende facer a Consellería tirado de CCOO.

Que podemos esperar dunhas persoas que desprezan o público en xeral? Un político que gasta arredor de 600€ ao mes no "cole" do neno pode ter unha visión clara do que supón o ensino público? Cre na igualdade de dereitos e de oportunidades?
En fin, aquí vos deixo un vídeo de El Confidencial que trata o tema.

No hay comentarios:

Publicar un comentario