Está claro que é difícil organizar un plan que estruture as iniciativas encamiñadas a normalizar o uso social da lingua galega. É difícil mesmo se queres facelo. Se non o queres facer devén imposible. Xa levo algún tempo traballando nestas cousas da normalización e sorpréndome como logo de máis dunha década, aínda seguimos encerellados no tema de sempre: os servizos de normalización dos concellos. Despois de todo este tempo aínda non se decataron so concellos que deben ser eles os que tomen a iniciativa na xestión deste servizo? Dende as entidadades locais, na meirande parte dos casos, concíbense como unha achega económica que destinarán a tapar os ocos que lles vaian aparecendo; todo o mundo sabe o que hai. E cando se acaban os cartos, suprímese o servizo, e quen se decata? Ninguén.
Nesta ligazón está a explicación do proxecto na páxina da Xunta.
Vellas solucións para vellos problemas. Buscando recursos de sociolingüística sorprende ver como noutras comunidades con lingua propia existen uns recursos auténticamente potentes que están a dar os seus froitos. Aquí seguimos co minifundio lingüístico; cadaquen que se apañe.
15 mar 2011
4 mar 2011
Benvidos a Galiza!
Este ano cadroume dar clase nun instituto tremendamente castelanizado. As actitudes dos rapaces e rapazas son, en liñas xerais, moi boas de cara ao galego. De feito, moitos recoñecen abertamente que nas súas casas falan galego pero que no centro "por comodidade" empregan o castelán. Esta "comodidade" ten moitos nomes en sociolingüística: os negacionistas chámanlle "liberdade" (algo totalmente falso); outros preferimos explicalo partindo da "presión de grupo" e da teoría das "funcións da lingua" que se relacionan directamente co conflito lingüístico, a diglosia, etc. e en última instancia cos prexuízos lingüísticos.
A película francesa Bienvenue chez les ch'tis, de Dany Boon, aborda dende unha perspectiva cómica e amable os prexuízos lingüísticos e sociais dentro do estado francés, centrándose na variedade "cheti" do picardo. En base a ela preparei unha unidade didáctica na cal lle pido ao alumnado (entre outras cousas) que busque información sobre as linguas minorizadas dalgúns países de Europa; polo de agora só teño isto colgado pero máis adiante irei subindo máis cousas. Esta é a ligazón.
Agardo que vos resulte interesante e útil.

Anteproxecto de Lei para a convivencia e participación da comunidade educativa
Ás veces non sei onde estou a traballar: se nun instituto ou no Oeste americano. Semella que a administración quere que os profes nos convertamos en malos malotes, que non se mova un pelo nas aulas. Non sei que lle pasa a esta Xunta que, partindo de boas ideas, pervérteas dándolles unha pátina arcaizante, propagandística, uniformizadora e, como non, antigaleguista (ou negacionista, como ben apostilan dende Prolingua). O mesmo lle pasa co plan Abalar. Cando caerán da burra?
Presentan o anteproxecto de Lei para a convivencia e participación da comunidade educativa | culturagalega.org | O portal da cultura galega
Presentan o anteproxecto de Lei para a convivencia e participación da comunidade educativa | culturagalega.org | O portal da cultura galega
2 mar 2011
Sinaturas dende o Abalar
O plan Abalar está a dar moito que falar, case nada bo. Se non estás de acordo coa maneira que ten a actual Xunta de Galicia de introducir a informática nos centros de ensino e no currículo dos nosos alumnos, entra na seguinte ligazón e asina!
http://peticionpublica.es/PeticaoVer.aspx?pi=Abalar
http://peticionpublica.es/PeticaoVer.aspx?pi=Abalar
E outra volta estou aquí
Aproveito a inercia e, outra volta, comezo a dura tarefa de crear e manter un blog. Ilusión polo que se pode facer dende aquí, polo que se pode expresar e a onde se pode chegar. Abouxamento ao pensar en como organizar a información, atopar contidos que lle poidan interesar a alguén, manter todo isto...
Entrégome en corpo e alma ao dito "Comer e rañar, todo o malo é empezar"; Escribir e publicar todo o malo é empezar.
Saúdos blogosfera!
Entrégome en corpo e alma ao dito "Comer e rañar, todo o malo é empezar"; Escribir e publicar todo o malo é empezar.
Saúdos blogosfera!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)