15 mar 2011

Problemas irresolubles

Está claro que é difícil organizar un plan que estruture as iniciativas encamiñadas a normalizar o uso social da lingua galega. É difícil mesmo se queres facelo. Se non o queres facer devén imposible. Xa levo algún tempo traballando nestas cousas da normalización e sorpréndome como logo de máis dunha década, aínda seguimos encerellados no tema de sempre: os servizos de normalización dos concellos. Despois de todo este tempo aínda non se decataron so concellos que deben ser eles os que tomen a iniciativa na xestión deste servizo? Dende as entidadades locais, na meirande parte dos casos, concíbense como unha achega económica que destinarán a tapar os ocos que lles vaian aparecendo; todo o mundo sabe o que hai. E cando se acaban os cartos, suprímese o servizo, e quen se decata? Ninguén.
Nesta ligazón está a explicación do proxecto na páxina da Xunta.
Vellas solucións para vellos problemas. Buscando recursos de sociolingüística sorprende ver como noutras comunidades con lingua propia existen uns recursos auténticamente potentes que están a dar os seus froitos. Aquí seguimos co minifundio lingüístico; cadaquen que se apañe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario